30 de xaneiro: Día Escolar da Paz e a Non Violencia
En colaboración cos Departamentos de Portugués e de Plástica, levamos a cabo unhas actividades para lembrar a necesidade de vivir en paz, no respecto e na fraternidade, seguindo o camiño marcado por Mahatma Ghandi ("Non hai camiños para a paz, a paz é o camiño"). A UNESCO, desde 1993 e para conmemorar a morte do líder hindú, recoñece esta data como o DÍA INTERNACIONAL DA PAZ.
|
|
Tres alumnas que cursan Portugués (Uxía e Tais, de 2º ESO, e Noa, de 1º ESO) leron textos nesa lingua por distintas aulas. Os textos, relacionados coa data que conmemoramos, pódense ver nos documentos adxuntos.
|
Pombas e froitas da PAZ
Os Departamentos de Portugués e Plástica "plantaron" a mazaira da paz, porque " a paz é o medicamento que nos cura da doença da guerra" e tamén "um passarinho que quer voar e ninguém o deixa".
|
|
|
Tamén se encheu o ceo de pombas mentres na pantalla se proxectaba unha presentación sobre a figura de Ghandi.
|