De BEGA (Bibliotecas escolares de Galicia) chegounos o cartel da campaña anual. O ilustrador é Fran Bueno. "O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido". Cantos misterios por descubrir neste denso territorio de follas que ensinan e emocionan! |
25 de NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
O venres 26 de novembro, na Aula Magna, reclamamos a atención do alumnado de 1º de Bacharelato para participar no "Taller creativo en torno á violencia de xénero e os seus aspectos legais", que impatiron Neves Seara; Andrea Barreira Freije e Visi López del Riego. Na sesión as relatoras, conxugando de maneira amena actuacións (performance) e elementos audiovisuais con información de carácter legal, tentaron dar resposta as preguntas Que é violencia? Que tipos de violencia hai? Como se exerce violencia contra a muller? Que novos tipos de violencia apareceron nos últimos tempos? Que poden facer as mulleres ante a violencia? En quen se pode apoiar a muller maltratada? A que organismos recurrir para denunciar?
A sesión rematou cun coloquio moi interesante entre as relatoras e o alumnado.
A sesión rematou cun coloquio moi interesante entre as relatoras e o alumnado.
27 DE XANEIRO: DÍA DA MEMORIA DO HOLOCAUSTO E DE PREVENCIÓN DOS CRIMES CONTRA A HUMANIDADE
O 27 de xaneiro é sinalado por Nacións Unidas como data de lembranza ás vítimas do Holocausto xa que, tal día de 1945, o exército soviético liberou o maior campo de exterminio nazi: Auschwitz-Birkenau.
En colaboración con Vicedirección, Titorías e coa profesora Carme Mirabal, do Departamento de Plástica, o Equipo da Biblioteca quixo render unha homenaxe a todas as vítimas de xenocidios pasados e presentes: o alumnado, emulando a tradición xudea de depositar pedras nas tumbas dos seus seres queridos, levanta un pequeno milladoiro diante da montaxe en que se recorda que hoxe en día a humanidade non está libre da barbarie. Proxéctase, ao tempo, unha presentación histórica do horror nazi e dos xenocidios actuais. Pódese acceder a presentación pinchando no cartaz ↑