17 de maio: DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado ao poeta Manuel María. O mes de maio a Biblioteca foi alumeada por unha face de ollos morriñentos e profundos:
A modo de mosaico, unha antoloxía poética arrodeou a face do escritor da Terra Chá.
Contacontos para conmemorar o Día das Letras
A profesora Mabel Prado, do Departamento de Lingua Galega e integrante do Equipo de Biblioteca, organiza unha sesión de contacontos co narrador Candido Pazó. Nesta ocasión a Biblioteca colabora coa ANPA e o Equipo de Normalización Lingüistica.