DÍA DA MULLER
A celebración do 8 de marzo como Día Internacional da Muller serve para denunciar e reivindicar. Como aquelas pioneiras loitadoras do XIX que se ergueron para esixir salario xusto, mesmos dereitos laborais cós homes e xornadas de oito horas, xa é hora de que, no século XXI, se dea un paso ao fronte e a igualdade chegue, de verdade, ao eido do traballo. As alumnas do IES Xelmírez 1, colaborando coa Biblioteca e co Departamento de Plástica, quixeron incidir na brecha que ainda existe entre homes e mulleres e que leva a que unha muller deba traballar once anos máis ca un home para acadar a mesma pensión. Tamén é tempo de eliminar estereotipos: non hai oficios masculinos e oficios femininos.
OFICIOS SEN XÉNERO: abre as imaxes.