27 de xaneiro: Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto
Hoxe queremos lembrar as vítimas do Holocausto nazi: a xudeus, xitanos, comunistas, homosexuais, homes, mulleres, nenas e nenos de calquera etnia e nacionalidade (rusos, bálticos, mesmo españois). Os últimos estudios falan de máis de 15.000.000 de mortos.
Falan de máis de 30.000 campos (de traballos forzados, de exterminio, de centros de experimentación "médica"...) Falan de que so en Berlín había 3.000 campos e casas xudías onde se concentraban antes de seren deportados. Por iso afirma Laureano Araujo que era imposible que a cidadanía alemá non coñecese o que estaba a pasar no seu país. Por iso non son sostibles as alegacións de moitos cidadáns de que non tiñan conciencia do que facían cos seus veciños xudeus: "quen estivo en Mauthausen sabe que a poucos centos de metros había granxas, casas de xente que sabía o que se facía no campo".
Coa colaboración do Departamento de Plástica, facemos unha pequena homenaxe no pasillo do centro.
Organizamos tamén unha mesa redonda, previo pase do documental: El Holocausto, Crónica de un exterminio, de Ferruccio Valerio, co alumnando de 1º de bacharelato (grupos A e B). Na mesa participan Laureano Araujo, profesor de Alemán (poeta, doutor en Ciencia Política e colaborador en medios de comunicación) e Antón Baamonde, profesor de Filosofía (ensayista e colaborador en prensa). Tamén aportan o seu punto de vista Berta Mata, profesora de Filosofía, e Fernando Prieto (profesor de Historia).