NOVEMBRO, MES DA CIENCIA
RECOMENDACIÓNS DE LECTURA
Hai moitos libros divulgativos e tamén moitos libros de ficción que se relacionan, en maior ou menor medida, coa ciencia. Pero nin todos os que divulgan son amenos nin toda a narrativa científica leva ao fin a máxima horaciana de "docere et delectare". Pediuselle consello nesta materia a César Camporro, profesor de Ciencias Naturais, que mandou as seguintes recomendacións:
|
|
|
CIENCIA E POESÍA
Non son incompatibles: segundo Goethe "a ciencia xurdiu da poesía"; e para Einstein "no pensamento científico sempre están presentes elementos poéticos". Para o divulgador científico Richard Dawkins, "a ciencia é a poesía da realidade". Maria Montessori dicía que "é preciso imaxinación na ciencia. Non é todo matemática, nin todo lóxica, tamén é un pouco de beleza e poesía". E para o físico e escritor portugués Nuno Camarneiro "a Física estuda a natureza das coisas; a Poesia é a ciência da natureza das pessoas".
Desde a Biblioteca, fíxose unha escolma de poemas relacionados coa ciencia.
Desde a Biblioteca, fíxose unha escolma de poemas relacionados coa ciencia.