biblioteca xelmirez I
  • Curso 2017-18
  • Normas e usos
  • Curso 2016 / 2017
    • 25 novembro: ESPAZOS LIBRES DE VIOLENCIA MACHISTA
    • O MURO DO ALUMNADO
    • 27 xaneiro: Homenaxe ás vítimas do holocausto
    • 30 de xaneiro: Día Internacional da Paz e a Non Violencia
    • 24 de febreiro: Dïa de Rosalía de Castro
    • 8 de marzo: Día Internacional da Muller Traballadora
    • Día das Letras galegas (A busca do tesouro)
  • Recomendacións, concursos e outros...
    • 14 de febreiro: Globo Vermello de Paixón
    • 2º Concurso Literario "O Globo Vermello"
    • Colaboración Intercambio Como
    • Xornalismo na escola
    • As nosas escritoras
  • Clubs de lectura
  • Xadrez os mércores
  • Avaliación
  • Curso 2015 / 2016
    • Actividades e efemérides >
      • 8 de marzo
      • Día do LIbro (lecturas solidarias e xadrez)
      • Semana das letras galegas
    • Proxectos
  • CURSO 2018-19

LER, VER, SER...

COMEZA UN NOVO CURSO

Imagen


"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.

A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  

Imagen

MOSTRÁMOSLLES A BIBLIOTECA AOS MÁIS NOVOS

CONSULTA OS FONDOS DA BIBLIOTECA

Damos a benvida ao alumnado de 1º ESO. Como todos os inicios de curso, cada aula acoda á biblioteca para coñecer o seu funcionamento. Grazas a titores e titoras por axudar neste labor.

O horario de recepción foi exposto á entrada da biblioteca:
O xoves 6 de outubro,  a aula de 1º ESO -B- foi recibida por Antonio Seoane.
O martes 11 de outubro foi acollido o alumnado de 1º ESO -A-
O xoves 13 de outubro, a aula de 1º ESO -C- foi recibida por Mabel Prada.
Agora podes acceder ó catálogo e saber se temos ou non o libro que estás a buscar. Preme aquí e entrarás no noso espazo do Proxecto Meiga.
A aula de 1º ESO -C- na súa primeira visita á Biblioteca:

Bibliotecas dixitais

Enlaces:
Biblioteca Digital Hispánica


Biblioteca Virtual Galega

Galiciana Biblioteca de Galicia

Bivir, Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego

Biblioteca Cervantes Virtual

SEMANA DAS BIBLIOTECAS

Coincidindo coa celebración do Día das Bibliotecas, deseñamos dous tipos de actividades destinadas a incentivar a lectura e o coñecemento tanto da nosa biblioteca como das bibliotecas da cidade.
                                                                                              “Visitas guiadas a outras bibliotecas”
                                                                                              “Lectura na hora de titoría na nosa biblioteca”
VISITAS A OUTRAS BIBLIOTECAS:
 
Luns, 24 de outubro
              
                           Visitamos a  BIBLIOTECA FONSECA co alumando de 2º ESO. A Hemeroteca cos seus microfilmes e a Biblioteca América, que é museo á vez que biblioteca especializada en asuntos americanos, foron os espazos que máis asombraron aos rapaces. Tamén o magnífico facsimil do libro de oración do século XI (o máis antigo da biblioteca).

Visitamos a BIBLIOTECA da FACULTADE DE HISTORIA co alumnado de 4º ESO. Visita marabillosa, tanto pola propia biblioteca como polo Paraninfo e as vistas desde a azotea.

Co alumnado que cursa ETFiD (Étca e Filosofía do Dereito) de 2º BACH, visitamos a moderna e concurrida BIBLIOTECA CONCEPCIÓN ARENAL . A parte de coñecer o seu funcionamento (moi necesario para os vindeiros anos), fomos testemuñas da precariedade en que está o ensino e a cultura (caldeiros colgados do teito para evitar as goteiras, sala de ordenadores que xa non existe...)

O mércores 26 de outubro, un grupo de rapazas e rapaces de distintos niveis da ESO, foron visitar a  BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL. Alí, ademais de admirar o deseño moderno do edificio, fixemos un percorrido polos andares e mostráronnos a organización e disposición dos fondos.

Lectura na biblioteca na hora de titoría:
En coordinación coas títoras e titores das aulas de ESO, os doce grupos pasaron pola biblioteca.
Esta actividade consistiu en ler diversos textos e atopar un premio. A lectura previa dos textos era necesaria para responder unhas cuestións que levaban a unha clave. Esa clave era a signatura dun libro. Os rapaces e rapazas tiñan que recorrer aos seus coñecementos da organización da biblioteca para atopar o libro porque dentro dese libro había un premio.
Os textos lidos e as preguntas pódense descargar á dereita desta páxina.
As lecturas son:
1º ESO: MARÍA (de Neira Vilas), REDACCIÓN  (de Quim Monzó), BARBIE GIRL (de Carlos Negro), Lección inaugural  (de Raúl Vacas), Bruxas não existem (de Moacyr Scliar)
2º ESO: A RAPAZA DO CIRCO (de Carlos Casares), EL PERRO (de Domingo López Humanes), La mosca juzga a Miss Universo   (de JOSÉ EMILIO PACHECO), Bruxas não existem (de Moacyr Scliar), Thoughts (by Harriett P.)
3º ESO:
O SUSO (de Xosé Luis Méndez Ferrín), Exilio  (de Edmond Hamilton), Comería a túa alma (de Estíbaliz Espinosa), ORACIÓN DE UN DESOCUPADO (Juan Gelman, Argentina).
4º ESO: O XOGO DA GUERRA (de Carlos Casares), LOS OJOS DE CELINA (de Bernardo Kordon), O BARDO USA O SEU PUÑO DE FERRO (de CARLOS NEGRO), Adolescente (de Wislawa Szymborska), Bruxas não existem (de Moacyr Scliar).
semanabiblio1ºeso_a.pdf
File Size: 363 kb
File Type: pdf
Descargar archivo

semanabiblio2ºeso_a.pdf
File Size: 331 kb
File Type: pdf
Descargar archivo

semanabiblio3ºeso_a.pdf
File Size: 359 kb
File Type: pdf
Descargar archivo

semanabiblio4ºeso_a.pdf
File Size: 384 kb
File Type: pdf
Descargar archivo


CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Imagen
Coa mascota "Cheodevida", deseñada e elaborada polo Departamento de Plástica, dando a benvida aos que se atrevían a entrar, comezamos a celebración do Samaín. Como inxenuos cordeiriños que non saben que lles agarda, o alumnado de 1º ESO A e B foi guiado pouco a pouco ata o curral da Aula Magna. E de súpeto ese curral converteuse ...no Inferno!
Nese inferno un ser demoníaco -axudado por alumnas e alumnos de 2º ESO-, obrigou a todos a escoitar historias de medo, poemas que falan do medo (incluso en portugués!), curtametraxes tan estremecedoras coma "Fiz, o coleccionista de medos" (!) e obrigou aos rapaces e rapazas a escribir sobre os seus propios medos. Velaquí tedes a presentación da actividade (os enlaces as curtas están rotos, pero pódense atopar na Rede).

Tamén podedes botar un vistazo a estas imaxes:

Para que a mascota "Cheodevida" non caese na melancolía que provoca a soidade, Natalia e Vicente, os profesores do Depatamento de Plástica, moveron ao alumnado para que creasen uns monstruos-colegas. E tiveron a idea de que os creasen seguindo a técnica surrealista dos "cadáveres exquisitos". Velaquí o resultado (a mascota "Cheodevida" deu un chimpo , reviviu):
Con tecnología de Crea tu propio sitio web único con plantillas personalizables.
  • Curso 2017-18
  • Normas e usos
  • Curso 2016 / 2017
    • 25 novembro: ESPAZOS LIBRES DE VIOLENCIA MACHISTA
    • O MURO DO ALUMNADO
    • 27 xaneiro: Homenaxe ás vítimas do holocausto
    • 30 de xaneiro: Día Internacional da Paz e a Non Violencia
    • 24 de febreiro: Dïa de Rosalía de Castro
    • 8 de marzo: Día Internacional da Muller Traballadora
    • Día das Letras galegas (A busca do tesouro)
  • Recomendacións, concursos e outros...
    • 14 de febreiro: Globo Vermello de Paixón
    • 2º Concurso Literario "O Globo Vermello"
    • Colaboración Intercambio Como
    • Xornalismo na escola
    • As nosas escritoras
  • Clubs de lectura
  • Xadrez os mércores
  • Avaliación
  • Curso 2015 / 2016
    • Actividades e efemérides >
      • 8 de marzo
      • Día do LIbro (lecturas solidarias e xadrez)
      • Semana das letras galegas
    • Proxectos
  • CURSO 2018-19