UNHA SEMANA DE ACTIVIDADES DE LECTURA E SOLIDARIEDADE
Lectura solidaria en colaboración coa Cruz Vermella de Santiago
Desde a Biblioteca quixemos que a celebración do Día do Libro non so fose unha festa da lectura. Aplicando o noso lema de portada "LER, VER, SER...", a lectura debe levarnos a ampliar a nosa mirada cara o mundo, a ver con ollos renovados para "ser" críticos tanto ante o que lemos como ante o que vemos. En definitiva, SER persoas que están no mundo.
Somos conscientes de que nestes momentos as inxustizas, o sufrimento, a pobreza, a guerra e moitas outras calamidades asolan diferentes lugares do mundo, pero hai un colectivo que sofre en especial, non moi lonxe de nós: aquelas persoas que fuxen da guerra, da fame, da morte... e buscan refuxio nos países europeos. Así que decidimos aportar o noso granciño de area para visibilizar esta traxedia e, en colaboración coa Cruz Vermella de Compostela, organizamos para o día 22 de abril unha actividade de lectura solidaria. O Equipo de Biblioteca solicitou a diversos Departamentos axuda para elaborar un corpus de textos que se relacionasen con valores humanos. Grazas aos Departamentos de Castelá, Galego, Portugués, Inglés, Francés, e Alemán, conseguimos unha antoloxía de textos para ler durante máis de catro horas. Lugar da lectura: palco ou quiosco da Alameda de Compostela.
Algún diario fíxose eco da actividade. Pinchade aquí. Tamén outros medios de comunicación:

|
|
|
Foron 74 lectores e lectoras, de todos os grupos da ESO, os que se subiron ao palco da Alameda para ler os textos que poñemos á vosa disposición:
lecturassolidarias.pdf |
Exposición: "Cabaleiros (e damas) andantes contra os xigantes de sempre"
Nesta exposición relacionamos fragmentos de El Quijote con fotografías nas que se reflicte a traxedia que viven os que petan nas portas de Europa, fuxindo da fame e da guerra, e piden auxilio. Pinchamos neste enlace e accedemos ó contido da exposición. |
|
XADREZ SOLIDARIO
Non podía faltar o xadrez nunha semana de actividades relacionadas coa solidariedade.
O xadrez sumouse aos actos cunha charla de Alba Piay García, psicóloga, monitora da Escola de Xadrez de Pontevedra e voluntaria que acaba de regresar do campo de refuxiados de Azraq. A Escola de Xadrez de Pontevedra xunto con Ajedrez sin Fronteras creou unha Escola de Xadrez en Azraq (en Xordania), un campo con máis de 38.000 refuxiados. Ademais de aportar material e clases teóricas, formaron a refuxiados para que continuasen coa actividade de xadrez no campo e facer esquecer, aínda que sexa por un espazo curto de tempo, as penalidades que están padecendo.
A Voz de Galicia informaba antes de partir a comitiva cara a Xordania e outros xornais na rede tamén se facían eco da nova.
O IES Xelmírez 1, grazas a colaboración do Club Deportivo Universitario de Xadrez, contou, o 19 de abril, coa presenza de Alba Piay García, quen relatou a súa experiencia ao alumnado de 2º ESO.

SER SHAKESPEARE OU SER CERVANTES, É AÍ O DILEMA...
Colaborando cos Departamentos de Lengua castelá e Literatura e de Plástica, colocamos as figuras dos dous insignes autores para que calquera se sentise por un instante un xenio. Pincha na imaxe.
OS FOTÓGRAFOS DENUNCIAN A BARBARIE
A Cruz Vermella de Compostela, seguindo a liña colaborativa deste semana de lectura, solidariedade e denuncia dos atropelos aos dereitos humanos, cedeu unha exposición de fotógrafos de todo o mundo que, coas súas imaxes, queren deixar constancia da barbarie da guerra e do sufrimento das persoas inocentes. Imaxes desgarradoras.