17 de maio: A busca do tesouro
Para conmemorar data tan sinalada organizamos unha pequena olimpiada do saber á que chamamos "Busca do tesouro" porque o premio final era un cofre cheo de agasallos. Os quince equipos de 2º ESO "loitaron" para conseguir quince sobres en quince lugares distintos do centro. Para conseguir cada sobre tiñan que superar dúas probas ou preguntas en cada ubicación. A maior parte das probas e preguntas foron sobre a obra e vida de Carlos Casares: lectura comprensiva de textos, busca de información de obras, facer un debuxo respresentativo dun texto, etc. O equipo gañador foi quen primeiro chegou á biblioteca e formou coas sílabas que había dentro dos sobres o título As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, a obra de teatro infantil de Casares.
Velaquí tedes o vídeo que o alumnado do Ciclo de Vídeo, Disc-jockey e Son editou desta actividade:
Velaquí tedes o vídeo que o alumnado do Ciclo de Vídeo, Disc-jockey e Son editou desta actividade:
E neste arquivo están as probas e preguntas das quince ubicacións polas que tiveron que pasar os quince equipos (están os nomes das capitanas e dos capitáns). Cada equipo escolleu un nome e un distintivo para ser identificados durante a realización da proba. |
|