Normas de funcionamento
|
|
- Gardarase silencio ou manterase un ton de voz baixo para non molestar as persoas que estean estudando, lendo ou consultando información.
- Deberemos ler sentados e/ou nunha postura correcta.
- Non se poderá comer, beber nin utilizar teléfonos móbiles na biblioteca.
- Manterase limpa e en orde a biblioteca: non se deixarán papeis fóra das papeleiras e colocaranse ben as cadeiras.
- Permitirase a consulta de libros, revistas, etc. mentres se estea na biblioteca, pero cando se termine haberá que deixalos no lugar onde estaban.
- Debes tratar os libros e os outros materiais da biblioteca con respecto.
- Poderán ser privados de acudir á biblioteca na hora do recreo os alumnos/ as que non respecten as normas mínimas de comportamento ou que fosen apercibidos reiteradamente.
- Poderase negar o servizo de préstamo a aqueles alumnos/ as que deteriorasen ou non devolvesen materiais prestados.
- O uso de ordenadores e da biblioteca como aula farase previa reserva.
- Sempre que a Biblioteca sexa usada para algunha actividade do Centro ou dalgunha materia, o mobiliario quedará colocado despois e comunicaránselle a Xefatura de estudos e ao equipo de biblioteca as horas que estará ocupada.
Préstamos
Tanto para préstamos como para devolucións será o bibliotecario/ a o que realice as correspondentes anotacións no programa informático que xestiona a biblioteca escolar.
- Poderanse levar en préstamo libros, revistas -excepto o último número-, cintas de vídeo e DVD. Para poder levar libros e revistas para a casa será necesario darllos ao profesor ou profesora de garda para que rexistre o préstamo. Cando se devolvan, tamén se deberán entregar ao profesor ou profesora que nese momento se ocupe da biblioteca.
- Os materiais de uso xeral (dicionarios, enciclopedias, láminas, atlas…) non poderán ser usados fóra da biblioteca, agás que, por necesidades didácticas, sexan solicitados polo profesorado.
- O préstamo de libros e/ou outro material poderá facerse tamén para os períodos de vacacións, sempre que as condicións de devolución sexan favorables.
- A duración do préstamo será dun máximo de 15 días. Pasado ese tempo haberá que devolvelo á biblioteca ou renovar o préstamo por outros 15 días. Se se trata de CD-ROM ou DVD o préstamo é só de 7 días.
- Poderanse ter un máximo de tres libros en préstamo, pero haberá que pensar nos demais e non reter os libros mentres non se vaian ler.
- Se se incumpren reiteradamente os prazos de devolución, perderase o dereito a levar libros en préstamo durante algún tempo.
- O deterioro ou perda de libros suporá a súa reposición ou pagamento.
- Co gallo da revisión anual dos fondos, o servizo de préstamo da Biblioteca rematará o día 10 de xuño.
Uso dos ordenadores na biblioteca
|
O ordenador da mesa do bibliotecario/a (zona de xestión) é de uso exclusivo do profesorado que pertence ao equipo de biblioteca.
Nos ordenadores da biblioteca haberá acceso a documentos con soporte electrónico e a Internet. Uso dos ordenadores durante os recreos
|
RECAPITULACIÓN:
|
|