Obradoiros de xornalismo na Biblioteca
O Equipo da Biblioteca solicitou dous obradoiros de xornalismo do programa "Xornalismo na Escola" que, desde o curso pasado, promove o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, en colaboración coa Obra Social "la Caixa". En principio os obradoiro estaban destinados ao nivel de 3º ESO, mais como en Lingua castelá dous grupos de 2º ESO nese momento preparaban artigos e novas para participar no concurso de El País de los estudiantes, preguntamos a xornalista que veu impartir os obradoiros pola posibilidade de ampliar a oferta a ese nivel. Susana Bastón, a xornalista, aceptou gustosamente e, previa autorización do Colexio Profesional, levou a cabo tres obradoiros.
As informacións falsas, o perigo das redes sociais, a manipulación xornalística, a relación dos xornalistas cos partidos políticos... moitas e interesantes cuestións foron plantexadas e debatidas. Susana Bastón realizou uns obradoiros áxiles con moita carga crítica. E aproveitando que veu a cubrir a información a periodista Zoraida Rial, do xornal ABC, o alumnado aproveitou para facerlle preguntas relacionadas coa súa profesión (véxase este enlace: http://www.abc.es/espana/galicia/abci-periodismo-llega-escuela-201704031033_noticia.html) Agardamos repetir o próximo curso. |
A páxina do Colexio Profesional de Xornalistas escolleu unha imaxe do noso centro para informar dos obradoiros
|