24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro
Para conmemorar a data do nacemento de Rosalía, en colaboración cos Departamentos de Galego e de Plástica, quixemos agasallar a todo o centro cuns versos personalizados polo alumnado de 1º ESO. Fran Lestón se encargou da selección de poemas e Natalia e Vicente de coordinar o traballo do alumnado. Logo, durante o recreo dese día, tres voluntarias estiveron repartindo os regalos.