A Biblioteca, o instituto de Como (Italia) e Valle-Inclán
O noso centro participa en varios intercambios con institutos de Salamanca (alumnado de 2º ESO), Madrid (alumnado de 1º ESO) e Como (alumnado de 1º bacharelato). A Biblioteca colaborou deseñando actividades para realizar co alumnado de 1º de bacharelato. Así, o coordinador do equipo recibiu aos rapaces italianos na sala da biblioteca para unha sesión introductoria sobre a figura e a obra de Ramón María del Valle-Inclán.
Valle-Inclán foi o eixe de toda a xornada do xoves 31 de marzo. Ese día o alumnado participante no intercambio (os do noso centro e os do centro italiano) realizou unha ruta valleinclaniana:
1º. Visita á Casa Museo de Valle, en Vilanova de Arousa. Aquí fomos recibidos polo grupo de teatro Tatana, creado por Fátima Rey, que nos guiou tanto polas estancias da casa como pola obra do autor.
1º. Visita á Casa Museo de Valle, en Vilanova de Arousa. Aquí fomos recibidos polo grupo de teatro Tatana, creado por Fátima Rey, que nos guiou tanto polas estancias da casa como pola obra do autor.
2º: Travesía en barco pola Ría de Arousa, percorrido repetido por Valle para trasladarse ata a Pobra do Caramiñal. Coñecemos o funcionamento das bateas e degustamos mexillóns.
3º: Visitamos Cambados. No cemiterio de Santa Mariña mostramos o noso respecto ante a lápida do pequeno fillo de Valle.
4º: En Pontevedra vimos a casa onde residiu Valle e as profesoras italianas quixeron levar un recordo fotográfico ao lado da estatua no autor. Logo rematamos no impresionante Museo de Pontevedra (unha gozada desde a súa renovación).