"Biblioteca escolar - Aprender a pensar" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2017/2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi XOSÉ TOMÁS o creador convidado a interpretar o lema anual. A imaxe creada por Xosé Tomás amosa todos os mundos que as lectoras e os lectores poden explorar desde a biblioteca escolar. |
CONSULTA OS FONDOS DA BIBLIOTECA Para consultar o catálogo e saber se temos ou non o libro que buscas, preme no catálogo e entrarás no noso espazo do Proxecto Meiga Catálogo |
OUTUBRO: Bibliotecas
Comezamos o mes amosando a nosa biblioteca aos alumnos de 1º ESO
- Reciben instruccións do funcionamento da biblioteca:
- - Normas de comportamento
- - Como atopar un libro que nos interese
- - Préstamos e devolucións
- - Uso dos ordenadores
Conmemoración do día das bibliotecas
- Os alumnos de 1º ESO visitaron a biblioteca ANXEL CASAL.
Tiveron a oportunidade de ver un libro escrito en Braille; ademais de utilizar o sistema da biblioteca para atopar o libro desexado.
- Visitamos o PAZO DE FONSECA e a Facultade de Xeografía e Historia cos alumnos de 4º ESO
A continuación visitamos la Biblioteca América, única no mundo pola súa temática (latinoamérica).
Aquí puideron contemplar O Libro de Horas de Fernando I de León, datado en 1055 e considerado o libro máis antigo de Compostela.
Seguimos a visita na facultade de Xeografía e Historia donde estivemos na súa biblioteca, unha das máis emblemáticas da Universidade e rematamos na terraza da devandita facultade donde puidemos contemplar unha das máis fermosas e elevadas vistas da nosa cidade.
- Semana do 24 de Outubro: Lectura na biblioteca na hora de titoría
Os textos lidos forón:
2ª ESO: A Rapaza do circo (Carlos Casares), El perro (Domingo López Humanes), La mosca juzga a Miss Universo( José Emilio Pacheco), Bruxas nao existem (Moacyr Sciliar), Thoughts (Harriet P.)
3º ESO: O Suso (Xosé Luis Méndez Ferrín), Exilio(Edmond Hamilton), Comería a túa alma (Estíbaliz Espinosa) Oración de un desocupado (Juan Gelman) TEXTOS
Día 28: O SAMAÍN
|
|
NOVEMBRO: MES DA CIENCIA
|
- 3º e 4ª ESO:
Os alumnos, moi interesados no tema, fixeron múltiples preguntas ao profesor que dirixiu a visita e que contestou amable e ampliamente todas as cuestións .
- 2º BACH: "As matemáticas son aburridas e non sirven para nada"
Baixo este título, a profesora da Facultade de Matemáticas da USC, Dna Elena Vázquez Abal, tentou de achegar , dunha forma sinxela e divertida conceptos non elementais de xeometría e topoloxía.
Despois da conferencia, os alumnos, visitaron a biblioteca e o arquivo de publicacións da facultade.
25: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Micromachismos:
Proxectáronse na biblioteca curtas sobre violencia machista seguidas dun debate sobre as mesmas. Curtas: "EL ORDEN DE LAS COSAS"; "CONVERSA CON UNHA MULLER MORTA"; "82 frases e comentarios machistas"; "Sin libertad no hay amor. Perspetiva moza", . . . |
Zapatos vermellos contra a violencia:
Na entrada do Instituto fixemos una instalación na que representamos una figura dunha muller no chan rodeada de zapatos vermellos que trouxeron as nosas alumnas e profesoras.
|
DECEMBRO: NADAL
XANEIRO
Cúpulas de Leonardo:
Amosando ao público unha aplicación, na vida real, das matemáticas.
Día internacional en memoria das vítimas do Holocausto
Gañadores do concurso
|
Concurso: Descubre o personaxe As irmás Touza chamadas as schlinder galegas. Artigo publicado no diario "El país" |
23 de FEBREIRO
Día de Rosalía: Conmemoración do aniversario de Rosalía de Castro
PhotoCall
Coa colaboración de departamento de plástica puxéjmos un photocall coa silueta de Rosalía de Castro para que todas as persoas da comunidade educativa poideran sentirse "Rosalía por un día" con fotografía incluída, aos que obsequiamos cun poema da renomeada autora galega. |
|
MARZO
- 8 de Marzo: Día Internacional da Muller
- Exposición de carteis cedidos pola USC no que figuraba unha pequena reseña da vida e obra dalgunhas das mulleres de ciencia máis salientables da nosa universidade.
- Charla a cargo de Xoana Pintos, investigadora e autora da exposición, para o alumnado de 4º ESO.
Decoramos a entrada do instituto cunha colección de cartulinas coa foto de mulleres que loitaron pola igualdade de dereitos e no reverso a súa contribución á mellora da situación social da muller. Ver presentación.
Ao mesmo tempo o alumnado de ESO e Bacharelato fixeron unha busca de persoaxes relevantes na loita pola igualdade.
O alumnado de portugués gravou un video titulado "rap 8 de Marzo"
- 21 de Marzo: Día da POESÍA
ABRIL
- Día 23: Día do libro
O alumnado presentou unha fotografía dun libro acompañada dunha recomendación para a súa lectura
Gañadores do concurso
- Día 17: Día das Letras Galegas
O alumnado de secundaria, dirixidos polo seu profesorado de plástica e lingua galega, debuxou en cartolinas unha caricatura da autora homenaxeada e no reverso escribiu algún poema ou pensamento de Mª Victoria Moreno, éstas foron expostas na entrada penduradas duns paraugas o que encheu de poesía e cor o recibidor do instituto